OBRADOIRO DE REGUEIFAS



A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, trouxonos ao cole un Obradoiro de regueifas.
 Con esta actividade pretendíase un achegamento á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da regueifa  de Luís O'Caruncho e Pinto de Herbón.
Dun xeito ameno, didáctico e participativo, explicaron a procedencia da regueifa, realizaron numerosas regueifas nas que os protagonistas eran alumnos/as e mestres/as do centro e o tema central deste curso "os contos", aprendimos as características das regueifas, como lle chaman noutros lugares de España, e  algúns dos recursos empregados para a creación das mesmas.
Posteriormente, foron os alumnos os protagonistas, creando coa guía destes dous grandes músicos diversas regueifas, que logo  cantamos todos.
Lembra hai que cantalas, non contar os versos octosílabos.
Para concluir propuxéronnos un reto: construir unha regueifa con diversos recursos empregados polos regueifeiros:
- Na primeira parte tiña que rimar monte con fonte (última palabra do segundo e cuarto verso).
- Na segunda o primeiro verso é: xa remata o outono.
- Na terceira combina este xogo de palabras: ría, barco e libro.
- E na cuarta había que terminar co verso: verémonos outro día.

Foi unha experiencia única na que o galego de xeito oral e cantado foi o medio de comunicación e expresión, enriquecéndonos coa nosa propia cultura e aprendendo dela.

                       

Comentarios