Letras Galegas 2020

DON RiDardo, o xogo, trátase dun recurso educativo e que ten como obxectivo coñecer a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
A proposta consiste, en primeiro lugar, no visionado do vídeo biográfico elaborado polo alumnado de 5º de primaria en colaboración co Seminario Galán e o ilustrador Carlos Gallego. Deste xeito pódense coñecer unha morea de datos relacionados co autor a e súa obra. 
Deseguido iníciase unha partida de dardos formada por dez tiradas. En cada unha delas formúlase unha pregunta con tres opcións, das cales unha é correcta e dúas non. Ao acertar, o tirador fai diana no centro.



Comentarios