Letras Galegas Begoña Caamaño

 As letras Galegas traballáronse dunha maneira profunda e interdisciplinar e en diferentes datas.  Aproveitamos a figura de Begoña para ser xornalistas e poder ter un produto que ofrecer. 

Así os de primeiro e segundo fixeron unha entrevista á escritora galardonada este ano: A Begoña Caamaño nena e a Begoña Caamaño adulta. Ademais de amosárnoslo en directo tamén gravaron o programa na radio. 

O grupo de cuarto encargouse dun noticieiro moi simpático e informounos de sucesos do noso Centro. 

Noticias Pondal

O grupo de quinto e sexto fixo un reportaxe: "Buscando ao galego"

Equipo Pondal




Ademais disto os nenos e nenas, dende Infantil ata sexto de Primaria, deleitáronnos con cancións galegas (grazas a profe Marta) rematando cun emotivo Himno galego. 

O grupo Cantares de Erbilone, xunto a profe Marta e tamén o coro Voces de Sampaio, tocaron e cantaron varias cancións que fixeron bailar non so a nenos e nenas senon tamén a moitos adultos. 





Comentarios