É tempo de Nadal: O Apalpador

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega orixinario das montañas do Courel e os Ancares. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, colleita mel e fai aparecer, coas ramas dos bosques e breñales, os xoguetes que as madeiras esconden. O 24 e o 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos e tócalles o ventre para ver se comeron suficiente durante o ano, e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.
Queres coñecer mais?



Comentarios