Dende a área de música, a profe Marta estivo a traballar co resto do profesorado e todo o alumnado para gravar un vídeo musical, co que participaremos na 1ª edición do concurso "O noso canto: máis voces, máis igualdade", convocado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e a Dirección Xeral da Consellería de Educación. O obxectivo é promocionar a igualdade nos centros educativos de Galicia a través da reflexión, creatividade e expresión artística ao redor da obra musical "O noso canto".
A canción foi unha ocasión para que unha familia puidese mostrarnos a linguaxe de signos desta letra. Ademais foi un día festivo e traballado nas aulas con lecturas sobre mulleres recoñecidas.
Comentarios
Publicar un comentario